O Evento está adicado á lembranza
dos nosos veciños: Olimpio Míguez Pazos, Antonio Piñeiro Otero, José María
González Vázquez e Alejandro Lafuente Pose. Este acto forma parte dunha
iniciativa internacional, que consiste na construcción dun monumento
descentralizado, o máis grande do mundo sobre o holocausto nazi, do que entra a
formar parte o Concello de Redondela e que ten como finalidade perpetuar a
memoria dos cidadáns represaliados e asasinados nos campos de exterminio nazi e
do fascismo en xeral.
Con motivo de este acto, o Colectivo
Republicano de Redondela tamén pretende espallar, para non repetir os mesmos
erros do pasado, o coñecemento do holocausto español, episodio pouco difundido
e moi descoñecido por todos. Caso extraño, si consideramos que este holocausto
no só tivo lugar durante a Guerra ou nos campos de concentración nazis. O fascismo
matou a miles de españois na II Guerra Mundial, pero tamén antes, durante a
Guerra de España do 36, e despois na longa noite de pedra da postguerra e
posterior ditadura franquista. En calquera democracia plena, podería supoñerse
que se fai todo o posible para reparar o sufrimento causado e o descoñecemento
dos feitos acontecidos. Pero en España isto non pasa, aínda hoxe en pleno
século XXI, unha Lei de 1977 prohibe xulgar aos verdugos, torturadores e
xenocidas do réximen franquista. Miles de persoas executadas ilegalmente están
soterradas sin que se poida poñer aos seus asasinos ante a xustiza por delitos
contra a humanidade ou polo menos devolver os seus ósos e restos as familias.
Organizacións como Amnistia
Internacional e Nacións Unidas demandaron ao Goberno español que investigue
estes crímenes e derogue a Lei de Amnistia, pero todo é en balde baixo “o palio”
neste país. O motivo de semellante atropelo é que a suposta democracia chegou a
España en 1978 a cambio da demanda de esquecer. Hoxe ainda moitos dos nosos
políticos, empresarios, sacerdotes, xuíces e por suposto a monarquía son
herdeiros naturais ou espirituais do franquismo. A estafa da modélica
Transición, mellor chamada Transación, para que o poder económico do franquismo
espertara ao día seguinte bañado por un verníz de legalidade democrática, para
seguir mandando económica e políticamente ata hoxe, o que se dice, atado e ben
atado.
Quizais a xeración da Transición
prometeu esquecer, pero as novas xeracións non fixemos esa promesa. A nosa
promesa é outra, a de non calar, a de berrar, a de contar e transmitir. Doutra
forma, os asasinados, os superviventes e os seus descendentes vivirían o mesmo
destino, esquecidos e podrecindo no máis fondo do caixón escuro da nosa
historia.
Salvando a distancia daquela época
de entreguerras, o estado de ánimo colectivo da poboación hoxe, ten moito que
ver co odio e a destrucción. O fascismo instalouse na nosa sociedade e
manifestase a través da corrupción, a propagación da infamia, as mentiras e o
acoso. O fascismo non só é un desfile de camisas negras ou azuis cos brazos
levantados, tamén é unha forma de vivir e relacionarse, unha forma destructiva
de estar en comunidade nunha sociedade, unha enfermidade contaxiosa que ataca e
arrasa por igual as persoas de diferentes ideoloxías, Un cúmulo de pequenas
cegueiras e pequenas covardías, que sumadas unhas ás outras fan que camiñemos
pasiño a pasiño cara ao abismo do chapapote fascista.
Hoxe en día, o pantasma do fascismo
esténdese por todo o mundo, individuos de dudosa calaña como Bolsonaro, Trump,
Viktor Orban, Marine Lepen, Giorgia Meloni, Javier Milei, Abascal e outros son
referentes da brutalidade política, da falta de empatía, apoderándose das
institucións, das organizacións públicas, dos medios de comunicación, das redes
sociais, pero tamén dos nosos espazos cotiáns como os bares e as rúas. É a vida
fascista que nos rodea, entre o descoñecemento xeneralizado, a corrupción
institucional normalizada, a falsidade, o acoso nos medios de comunicación, a
violencia de xénero e agresividade consumista, a besta fascista foise
amamantando e contruindo.
No noso país o neofascismo ou
postfranquismo vai encaixando como unha pedra de muiño nunha sociedade pasota,
que soluciona os problemas nos bares ou sentados fronte un ordenador
atrincherado na calor do fogar e no anonimato. Capaces de aceptar calquera
noticia sin contrastar ou debater, ou de aceptar todo tipo de bulos con
resignación. Quizais sean moitos os anos de Salvame Deluxes, Anarosas,
Formigueiros, Indas, Ferreras, Aguirres, Ayusos, Cayetanas, Bárcenas, Gurtels,
Púnicas. Moitos anos desinformando, dende o engano, as mentiras e o desprezo,
moitos anos incubando os ovos da besta do fascismo, co obxetivo de dirixir e
manipular o medo ao outro, o desprezo ao diferente, ao inmigrante o engano da
meritocracia, o empobrecemento cultural e sobre todo odio, moito odio.
Dicía Mario Benedetti “como culpar o
vento pola desorde feita, si fomos nós quenes deixamos a fiestra aberta”. Só
hai unha forma de estar seguro de non repetir os erros do pasado, aprender
deles, lembrando e non esquecendo. Entre todos podemos pechar a fiestra para
que non entre a besta do fascismo, senón pode que xa non quede ninguén.
Colectivo Republicano de Redondela
No hay comentarios:
Publicar un comentario