Lo Último

1923. Xuntanza de Confraternidade Republicana / Homenaxe as mulleres galegas

LEVADA LIBRE é un foro aberto e de opinión tudense. Ten  como finalidade principal a liberdade das ideas e a súa defensa, a recuperación da Memoria Histórica, a reconciliación na fin común da paz, a defensa dos principios democráticos nun Estado de dereito.

Promoverá a divulgación histórica, cultural e patrimonial da Turonia.

Este colectivo  exercerá o seu dereito constitucional da crítica, nos asuntos que considere de interese.

Por ser partidaria, e dar cabida nela a todos os que participen das fins deste colectivo, este como tal, non participará en ningún proceso electoral.

Como é costume dende o ano 2008, celebrará a Xuntanza de Confraternidade Republicana o próximo día 16 de abril.

Neste oitenta aniversario do alzamento das tropas fascistas do 1936, homenaxeamos Ás mulleres galegas republicanas, asasinadas e represaliadas polos los sublevados. Morreron por ser partidarias do goberno lexítimo. E queremos recuperar a memoria doutros moitos, nunca ninguén falou deles, “que foron veciños nosos”, e que sufriron tamén as consecuencias do golpe de estado.

Mercedes Núñez Targa, Barcelona 1911, Vigo 1986, nai galega, prisioneira do campo de concentración de Ravensbrück.

Ángel Gómez Cortés, de Camposancos, A Guarda. Morre no campo de concentración nazi de Mauthusen en 1942. Nacera en 1890.

José Urgal Fernández, mariñeiro, morre con 25 anos no forte de San Cristóbal. Era de Malvas.

Daniel Robado Castro, preso no mesmo penal e coautor do himno aos fuxidos. Era de Tomiño.

Amador Rodríguez Solla, alcumado “O Tarzán. De Salceda. Preso no forte de San Cristóbal. Último que volveron apresar.


* * *


Día 16 de abril - 12:30 h.
Monumento represaliados do 36 - Alameda de Tui

PROGRAMA

Acto de presentación. Baile de benvida (Muñeira)

Apertura do acto:

El horror de la Guerra, por Manolo Vázquez de la Cruz

Carmen Penín, cantante de 2naFronteira, presentará a primicia dun novo traballo. Trátase do proxecto ELAS, sobre as mulleres na guerra. Interpretará As Marías en punto, poema de Helena Villar con música de Carmen. Acompáñaa o seu pianista habitual, Maurizio Polsinelli. Neste novo traballo contará con poetas e intelectuais ligados á memoria histórica.

A represión feminina, por María Carmen Lores 

Carmen Penín, interpretará Venceremos nos

Poema a familia, por Julián Jaso

Blanca Frances Rodriguez entonará No nos moveran

Poema No soto das caldeiras que ferven, por Xosé María Álvarez Cáccamo

Lembranza de Mercedes Nuñez Targa, por María Torres

Recitado de poemas. Calquera asistente podera intervir.

Ofrenda floral. Todas as persoas que desexen adherirse á ofrenda floral poderán levar as súas propias flores para homenaxear ás vítimas que deron a vida pola liberdade de todos.

Himno de Riego, por Maurizio Polsinelli

Himno Galego

Plantación de unha oliveira, no paredón da Alameda de Tui. Oliveira, que naquel lugar, vai ser símbolo de Paz e memoria.

Pécharase o acto cunha solta de 80 pombas, en recordo das 80 mulleres galegas que foron asasinadas polas forzas sublevadas fascistas por ser partidarias do goberno lexítimo ou simplemente por selo algún familiar, amigo, marido…ou por negarse a pretensións dalgunha persoa do orden fascista.


14:00 h. Degustación de viños da Turonia e Xantar de Confraternidade Republicana no Parador San Telmo de Tui. Como todos os anos, este colectivo organiza un xantar e actos culturais coincidindo coa data do 14 de abril.

Os interesados en asistir á Xuntanza de confraternidade deben reservar, antes do día 14 de abril, no e-mail: levadalibre@gmail.com

Entre outros actos culturais, farase entrega a cada comensal dun exemplar do nº 3 do libro Memoria e Sentimento, escrito por colaboradores deste colectivo e editado por Levada Libre. As persoas interesadas nun exemplar do libro poden solicitar un PDF a Levada Libre.

Na sobremesa, terá lugar un faladoiro, actuacións musicais e outras actividades culturais.


Levada Livre
Tui, 6 de abril de 2016










No hay comentarios:

Publicar un comentario