Lo Último

3129. A Juana Capdevielle


Juana Capdeviella San Martín (Madrid, 12 de agosto de 1905 - Rábade, Luego, 18 de agosto de 1936)



Dispararon á cabeza de mapoula,
mais medraron libres as silveiras
e nunca desfaleceron as ideas.
Dispararon ao corazón da rosa,
mmis volveron voar as bolboretas 
e nunca feneceron os amores.
Matáronna co prexuizo sen xuizo,
Como quen queima xestas florecidas,
E por iso é patrimonio da xustiza.
Chamábase Juana Capdevielle,
Como podía chamarse a vida mesma:
morreu, como viviu, de amor e libaerdade.
En Rábade deixounos un carábel
para reinventar o amar, un xirasol
co que pacer a paz e unha violeta
para fabricar futuros mais muller. 


Claudio Rodríguez Fer
Ámote vermellaVigo,  Edicións Xerais de Galicia, 2009










No hay comentarios:

Publicar un comentario