Nas pedras dos camiños que están vivas,
hai sangue inocente derramada.
Tamén hai pisadas dos fuxidos e de moit@s
que padeceron a furia dos golpistas.
Todas elas e todos eles aguantaron con moito
sufrimento e dor, pero xamais foron rendidos,
nin desposuídos das súas ideas.
Os ventos non cambiaron como todos queriamos,
as cicatrices seguiron co paso do tempo, tanto
nas portas como nos corpos.
Nos camiños, nos montes, na terra que nós
acolle, quizais un día a lúa sexa branca de todo,
entón o soño das utopías será libre.
Como as emocións e a memoria que transmitimos
as vindeiras xeracións, con palabras e actos
sinxelos onde cabemos todos.
Luis da Roxa
Primavera 2021, Tiran / Moaña
No hay comentarios:
Publicar un comentario