O COLECTIVO REPUBLICANO DE REDONDELA E O CONCELLO DE REDONDELA
ANDAN A PROCURA DE FAMILIARES DOS DEPORTADOS DE REDONDELA NO HOLOCAUSTO NAZI
O pesadelo dos republicanos españois e o
dos galegos en particular que dende febreiro de 1939 encheron os campos de
acollida franceses, tras a saída de España fuxindo da represión dos fascistas e
vencedores da Guerra de España, que non se conformaron con gañar, tiñan tamén
que exterminar. Nomes vergoñentos para a nación francesa como Argelès-surMer,
Le Barcarès, Gurs, Saint-Cyprien e outros tantos, de ingrato recordo pos
refuxiados republicanos e para o goberno francés, liberal conservador do
momento presidido por Daladier, que chegou a tratar os refuxiados republicanos
como "extranxeiros indeseables".
Ainda e todo, o verdadeiro inferno estaba por chegar para tantos e
tantos galegos e españois en agosto de 1940, momento no que Francia é ocupada
polos alemáns. Tras a invasión alemá e coa complicidade do goberno títere de
Vichy, moitos foron detidos e internados en campos de prisioneiros de guerra
(stalags), pero pronto perderían esta condición e serían deportados
principalmente ao campo de concentración de Mauthausen, e demais campos da
morte e exterminio do III Reich, onde foron empregados como man de obra escrava
en canteiras, fábricas ou construción de infraestruturas. O exceso de esforzo,
a falta de alimentos, o frío, os malos tratos e as enfermidades arrebatáronlle
a vida a máis da metade deles. Dos poucos superviventes, a maioría sufriron
secuelas de por vida.
Dos case douscentos galegos deportados, só regresaron con vida do
inferno nazi arredor de 60 deportados. Coñecemos os seus nomes, as súas orixes,
se morreron ou non, pero dende o Colectivo Republicano de Redondela coa
colaboración do Concello de Redondela pretendemos dar un paso o fronte e vamos
a instalar 4 Stolpersteine (adoquíns da memoria) en Redondela, en lembranza
permanente os deportados redondeláns para dignificar a súa memoria e a de todos
aqueles que sufriron baixo a barbarie fascista.
Dende o Colectivo Republicano de Redondela e o Concello de Redondela solicitamos a axuda dos cidadáns de Redondela, para atopar os familiares dos catro veciños da nosa localidade que foron deportados o campo de concentración de Mathausen-Gusen e que poden poñerse en contacto conosco a través dos correos electrónicos:
rcolectivorepublicanodredondela@gmail.com e cultura@redondela.gal ou no propio concello.
Os datos dos catro deportados de Redondela que temos a nosa
disposición son os seguintes:
OLIMPIO MARINO MIGUEZ PAZOS: Nado en Redondela o 8 de setembro do
1908. Os seus país, Juan Míguez Reboredo e Josefa Pazos Barros, irmáns Teresa,
Constante, Antonio e Manuel (xemelgos), Ramona, Juan e Ramón. No censo de 1920
residen na Rúa da Prata número 11 de Redondela.
ANTONIO PIÑEIRO OTERO: Nace o 5 de agosto de 1912 en Chapela. Os
seus país, José Piñeiro Cabaleiro e Gumersinda Otero Cabaleiro, irmáns Carmen,
Eugenio e Josefina. No censo de habitantes de 1920 figuran que residen na Rúa
da Iglesia número 9 de Chapela.
JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ VÁZQUEZ: Nado en Quintela, o 24 de setembro de
1914. O seu pai, Joaquín González Morais da Rocha, é natural do concello
portugués de San Miguel de Prado. A sua nai, Regina Vázquez Fernández e veciña
de Cedeira. Ten un irmán , Alvaro e dous hermanastros por parte de nai: Serafín
e Sabino. Se coñece a existencia de outra irmán, María del Carmen. No padrón de
1920 indicase que a familia reside na Rúa Quinteiro número 47 de Quintela.
ALEJANDRO LAFUENTE POSE: Nace o 4 de Maio de 1909 en Redondela.
Fillo de Ramón Lafuente Lago (Vigo) e Aurora Pose (Redondela). Coñecese a
existencia de tres irmáns: Manuel, José, desaparecido en Vigo cando contaba 15
anos e Juan. Nos anos trinta a familia Lafuente Pose reside no número 7 da Rúa
Hirmandiños de Vigo. É o único que sobreviviu o inferno de Mauthausen, liberado
o 1 de xuño de 1945, é repatriado a Francia. O 19 de xuño de 1950 parte para
Arxentina. Descoñécese campo tempo estivo en Arxentina, dende onde retorna a
España.
Colectivo Republicano de Redondela
Concello de Redondela
No hay comentarios:
Publicar un comentario